Calendario

Fase 1: Mapeo enerxético da cidade

  • Caracterización enerxética de 60 edificios.

    Realizarase un informe xeral que recolla a información relevante do conxunto de todos os edificios, reflectindo para cada un deles a súa situación enerxética actual incluíndo a demanda actual e un inventario dos equipamentos comúns e individuais.

  • Xeración de perfís enerxéticos de 600 de vivendas

    Estudiaranse os consumos enerxéticos dos fogares, analizando os últimos 24 meses, xerando una simulación enerxética de consumo a 24 meses. Do mesmo xeito, detectaranse situacións de mellora na contratación enerxética avaliando as posibles accións de mellora e o grao de aforro enerxético e/ou económico.

  • Monitorización enerxética de 240 vivendas

    De entre as 600 vivendas das que se xere o perfil enerxético, serán seleccionadas 240 nas que se realizará a súa monitorización enerxética, co obxectivo de completar a información sobre o comportamento enerxético e de confort interior (temperatura e humidade) de estas vivendas.

    A monitorización realizase con equipos de reducida dimensión instalados en contadores e en unha ou dúas das instancias principais da vivenda. Os equipos son enerxeticamente autónomos e transmitirán a información a través dunha rede de datos propia, polo que o seu funcionamento non supón para as vivendas monitorizadas nin consumos enerxéticos nin de datos das vivendas monitorizadas.

*A fase 1 de este proxecto conta cun cofinanciamento nun 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Eixo 12 de Desenvolvemento Urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España.

Fase 2: Monitorización de actuacións

  • Monitorización enerxética de actuacións de rehabilitación edificatoria

    Realizarase unha avaliación do grao de mellora das condicións de confort interior e de redución da demanda enerxética dos edificios e vivendas trala intervención rehabilitadora, a través do control das mesmas subministracións e situacións que na fase 1.

Fase 3: Sensibilización

Un plan de sensibilización enerxética é unha estratexia que busca concienciar aos usuarios dos beneficios de reducir o consumo de enerxía e mellorar a eficiencia enerxética dos edificios. Un programa de rehabilitación de edificios é unha intervención que ten como obxectivo mellorar as condicións de habitabilidade, seguridade e accesibilidade das vivendas, así como o seu rendemento enerxético. A execución dun plan de sensibilización enerxética nun programa de rehabilitación de edificios consiste en realizar accións formativas, informativas e participativas dirixidas aos propietarios, inquilinos e xestores dos edificios, para que coñezan as medidas que se van a implementar na rehabilitación, os beneficios que supoñen para o medio ambiente e para a súa economía, e as boas prácticas que poden adoptar para optimizar o uso da enerxía.

Accións de sensibilización executadas